FACENDO POEMAS NA AULA LUNA

Estándar

Unha das vantaxes dos centros que integran todas as etapas é que mestres e profes poden traballar conxuntamente e que a experiencia de cada un dos compañeiros do claustro enriquece e completa o traballo dos outros nas diferentes disciplinas. Mostra disto foi o traballo conxunto da titora de 1º, Érica, e da mestra de Educación Física, Paula Figueiras, que cambiou por un día o exercicio físico polo traballo poético e organizaron un obradoiro de poesía na clase Luna e o resultado da creativa e divertida xornada podedes velo no blog de EF Xogo revoltiño e neste vídeo co recitado dun dos poemas que crearon.

 

Advertisements

APRENDIZAXES ACTIVAS NA SEMANA CULTURAL

Estándar

Continuamos a publicar as fotos da nosa Semana Cultural. Os sorrisos e a motivación do alumnado de 3º e 4º de Primaria durante as diferentes actividades propostas fai pensar que debe ser esta a liña de traballo para tentar que a rapazada aprenda de xeito lúdico, motivador e gañando autonomía e con “aulas sen paredes”. Apréndese coñecendo a xornalistas e deportistas, con xogos coma o Scape Room, pintando as portas para darlle cor ao cole, no obradoiro de teatro, montando robots, participando nos xogos tradicionais, debuxando no obradoiro de banda deseñada, cantando na nosa lingua no galeoke e sentíndose creadores de artesanía no taller de instrumentos musicais ou no torno do oleiro. Aprender xogando, investigando e indo máis alá das férreas paredes das aulas e dos ríxidos libros de texto debe ser cara onde camiñemos na educación.

CONCURSO ONE, TWO, THREE!! E AEROBIC EN INGLÉS

Estándar

A mestra Puri deseñou e organizou uns concursos ben divertidos para aprender inglés xogando e que ben o pasaron todos!!

Un deles seguía o formato do 1, 2, 3 e mediante preguntas sobre a gramática do inglés ou de cultura xeral ían participando por parellas.

Pero ademais, como non vos hai como o “mens sana en corpore sano”, organizou uns talleres de aerobic en inglés e os nenos pasárono xenial.