Nace OLLOS DE AULA!!!

Estándar

Aquí estamos de novo. Desde o EDLG do CPI As Revoltas dámosvos a benvida, neste novo curso 2012/2013.

Aproveitamos para presentarvos o nº 1 da Revista Ollos de aula, unha iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, dirixida ás familias do alumnado.

As súas páxinas darán cabida á actualidade educativa e a temas de interese pedagóxico e achegarán suxestións para axudar na tarefa educativa ás familias. A intención é que Ollos de aula chegue ás casas a través dos centros educativos e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Como mandarlle un exemplar a cada alumno, por mes,  suporía un gasto moi elevado, decidíose imprimir varias unidades para o cole que estarán dispoñibles no Taboleiro da Lingua e na Biblioteca,  para o alumnado e profesorado que o queira consultar, e entregaremos un exemplar a ANPA.

A publicación ten como obxectivos achegarlles ás familias información variada ao redor da educación e convidalas a reflexionar sobre aqueles temas que lles preocupan como nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que formulen as familias, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegar suxestións (lectura, música, viaxes…) para seren compartidas cos fillos e fillas, sen esquecer, loxicamente, a actualidade da lingua galega e as reflexións sobre a súa aprendizaxe. Ollos de aula ten unha periodicidade mensual, unha extensión de oito páxinas e pode ser personalizada por cada centro ou ENDL para adaptala á súa realidade máis próxima.

Premendo nesta imaxe accederedes ao seu contido. Que o disfrutedes!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s