A LETRA MIÚDA: Revista de sociolingüística para o ensino

Estándar

letra_miuda

   A Coordinadora galega de equipas de normalización lingüística vén de presentar A letra miúda, unha revista dixital que achegará información e datos “imprescindíbeis” en materia sociolingüística para @s docentes, orientadas sempre cara ao deseño de modelos de intervención nas aulas que afonden na normalización do galego.

   A publicación ten como obxectivo cubrir as necesidades formativas do profesorado, nomeadamente daquel@s profesionais que traballen de maneira activa en prol do uso da lingua propia no eido educativo. Na liña, será unha ferramenta fulcral para o persoal docente á hora de tomar unha decisión pedagóxica dunha maneira crítica e reflexiva.

   Artigos inéditos de “cualificados especialistas”, experiencias educativas ao redor de linguas en contacto, fundamentos teóricos sobre o ensino de idiomas ou información sobre a situación sociolingüística da Galiza e doutros territorios con linguas minorizadas son algunhas das cuestións que se poderán atopar nesta revista, xa dispoñíbel na rede.

Para ter acceso á revista, preme na icona que atoparás na marxe dereita deste blogue.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s