Día de Rosalía de Castro 2013

Estándar

SAM_2928

Mañán 22 de febreiro, o CPI As Revoltas imos sumarnos á homenaxe á gran escritora galega Rosalía de Castro cun recitado colectivo dun poema da obra Cantares Gallegos, co gallo do 150 aniversario da súa publicación.

Serán os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria os que fagan a súa  particular interpretación do poema nº 7 “Fun un domingo…” que será recollida nun video.

O 24 de febreiro está recoñecido oficialmente pola Consellería de Cultura e Educación como o Día de Rosalía de Castro no seu Calendario do Libro e a Lectura.

A AELG propón aos Centros de Ensino a inclusión nese día (por caer en domingo, celebrarémolo  venres) de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgarán desde o seu espazo web para darlles visibilidade social.  Nós faremos o mesmo coa nosa gravación desde a web do noso centro, tamén.

Somos 105 centros de ensino os que participaremos nesta iniciativa da AELG.

 

 

 

Advertisements

One response »

  1. Pingback: Actos do Día de Rosalía para o venres 22 | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.