DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Estándar

Estamos ás portas do 8 de marzo, Día Internacional da muller, unha das datas clave para avanzar na educación para a  igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.

Partindo do conto “O Libro dos Porcos” de Anthony Browne (edicións Kalandraka), imos desenvolver unha serie de actividades en Infantil e Primaria co fin de corresponsabilidad1sensibilizar ao alumnado da importancia de colaborar e compartir as tarefas domésticas. Introduciremos conceptos pouco familiares como a corresponsabilidade no fogar e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Lembrando unha vez máis a nosa benquerida Rosalía, non quixera deixar pasar esta ocasión sen dar a coñecer un fragmento dun texto da autora titulado Lieders, escrito en lingua castelán e recollido en El Albúm del Miño, 1858

(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.

eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.

libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara a terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza (…)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s