XIII CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA

Estándar

Tíralle da lingua

TÍRALLE DA LINGUA é un proxecto da AS-PG dirixido a todo o alumnado e profesorado do noso país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, convertir o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e de recreación de historias…de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. O proxecto TÍRALLE DA LINGUA, consta de dúas fases: as Xornadas de Expresión Oral, dirixidas ao profesorado, nas que se intenta proporcionar técnicas para traballar a oralidadena aula e un concurso de rela to oral, dirixido ao alumnado de toda Galicia cunha fase final que se celebrará o 25 de abril no IES Rosalía de Castro, en Compostela.

 

Bases do XIII Concurso:

1. As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2. As historias contaranse en galego.
3. Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…).
4. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respectando o tempo máximo por actuación, que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderase participar cun máximo dunha historia.
5. O concurso ten tres categorías:
1) Primaria
2) 1.º Ciclo da ESO
3) 2.º Ciclo da ESO e ensino postobrigatorio
6. O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino
2) A nivel nacional
7. Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinaranse en función da participación, o que se comunicará aos centros.
8. A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes dos día 16 de abril enviando un correo electrónico a: informacion@as-pg.com. No prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9. A fase final celebrarase o 25 de abril en Santiago de Compostela, no IES Rosalía de Castro, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo da ESO e outro para o segundo ciclo da ESO e ensino postobrigatorio.
10. Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos grupos gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11. O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará como secretario/a un representante da AS-PG.
12. O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s