CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Estándar

Se xa lle destes un vistazo á revista ‘Ollos de aula’ leríades a reseña sobre a inauguración da Casa-Museo Manuel María, que tivo lugar o pasado 7 de setembro en Outeiro de Rei (Lugo).

A casa está concibida como un espazo físico para acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.

Conta, ademais, cunha Biblioteca que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego e sobre Galicia desde a posguerra ata a actualidade.

Unha magnífica oportunidade para coñecermos a Terra Cha e a vida e obra do gran poeta Manuel María.

Máis información neste enlace.Imaxe003_02(1)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s