V Día da Ciencia en Galego

Estándar

cartel-2014-1Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego, a CGENDL organiza unha videoconferencia na que o noso alumnado de 4º ESO vai participar o vindeiro mércores 5 de novembro.

Baixo o título A ciencia na programación de ordenadores (tamén en galego), Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, introducirá ao alumnado participante na historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciranos tamén en ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidamos facer os nosos programas, tamén en galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s