VI Día da Ciencia en Galego

Estándar

videoconferencia-VI-día-ciencia-en-galegoHoxe participaremos outra edición máis nas videoconferencias do Día da Ciencia, organizadas pola CGEDLG. Nesta sexta edición correrá a cargo do científico Xurxo Mariño, que baixo o título “A máquina que constrúe a mente e a realidade” nos falará sobre as neuronas, o seu campo de traballo. Velaquí un adianto do científico galego falando sobre elas nos eventos TEDxGalicia:

E para saber máis sobre a carreira profesional de Xurxo Mariño, velaquí unha breve nota biográfica:

Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Especializado en neurofisioloxía, fai parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. Ten publicado traballos de investigación en revistas especializadas e colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT), onde desenvolveu as súas investigacións de posdoutoramento.

O seu traballo de investigación en neurofisioloxía céntrase no estudo dos mecanismos sinápticos de distintas vías sensoriais a nivel talámico e pretalámico, na interacción tálamo-cortical e no regulamento dos niveis de actividade encefálica global no ciclo sono-vixilia. Paralelamente, ten desenvolvido software especializado de estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxico, e colaborado no desenvolvemento de ferramentas estatísticas de análise.

Realiza múltiples actividades de divulgación do coñecemento científico, procurando ademais a interacción co mundo das humanidades. Ten publicado os libros “Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”(Consello da Cultura Galega, 2005), “Po de estrelas” (Consello da Cultura Galega, 2008) e “Neurociencia para Julia” (Laetoli, 2012); colabora, entre outros, co portal Culturagalega.org na sección ADN e co portal de divulgación Naukas.com; organiza os “Café-teatro-científicos”, unha actividade divulgativa que leva a ciencia ata os bares; e desenvolve outras actividades de divulgación como os “Discurshows” –mestura de charla e teatro–, ou os “monólogos” do espazo de ciencia e tecnoloxía da TVG “Conexións”. Na actualidade está a rematar un libro de viaxes e divulgación científica no que conta as experiencias vividas nunha viaxe de 11 meses arredor do mundo entre os anos 2013 e 2014.

No ano 2011 levou o Premio Especial do Xurado do “I Certamen FECYT de Comunicación Científica”, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s