Lecturas para lermos ao sol

Estándar

Chegados a este remate do curso cando todos estamos desexando desconexión de exames, traballos e horarios escolares, e pensando no felices que imos ser gozando de tempo libre no que nos dedicar ás nosas actividades favoritas de lecer, non queremos esquecer que a lectura é unha actividade das máis pracenteiras. Agardan por nós unha morea infinita de historias, aventuras, soños e ilusións. Cada libro agocha un tesouro que nos pode transportar á máis afastada das latitudes ou remexer en nós a máis esquecida das emocións.

Por iso vos ofrecemos esta compilación de lecturas recomendadas co testemuño gráfico e literario de todas estas persoas de recoñecido prestixio en diferentes eidos como a literatura, o deporte, o cinema, a investigación científica e até do mundo da política. O equipo de Biblioteca e do EDLG agradece inmensamente a todas as persoas participantes que nos permitiran achegar, a canda elas, tamén as recomendacións do profesorado do CPI As Revoltas.

Velaquí tedes, alumnado, familias, claustro do CPI As Revoltas e calquera persoa apaixonada pola lectura, un feixe de interesantes recomendacións de diferentes xéneros e para todas as idades, das que podedes gozar baixo a sombra dunha árbore, deitados ao sol, á beira do mar, no traxecto dunha viaxe ou na intimidade do voso fogar.

Mil grazas a todas as persoas que contribuístes desinteresadamente coas vosas achegas a reivindicar o pracer da lectura.

Mil grazas ás lectoras e aos lectores porque só por vós ten sentido este proxecto.

Agardamos que vos presten e vos acompañen neste verán e sempre!!

Boas lecturas para lermos ao sol!!

  • Vídeo curto, sen os textos completos:

 

  • Presentación da exposición cos textos completos:
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s