Os fíos da vida: Agustín Fernández Paz, in memoriam

Estándar

“[…] Ler e escribir, como ben sabemos, son as dúas caras dunha mesma moeda. As historias, os libros: o fío invisible que nos une a todas as persoas do planeta”.

2016070618323414107

É difícil resumir o que se sente perante a perda tan grande que hoxe sufrimos nas letras galegas. O falecemento de Agustín Fernández Paz  espallou esta mañá ventos de orfandade. Deixounos Agustín: o escritor, a persoa, o loitador, o mestre. Deixounos o señor da palabra sinxela e fluída, o tecedor de historias, o divulgador das letras.

Dicía Agustín que se un libro non o enganchaba nas primeiras páxinas, que o deixaba, pois había moi pouco tempo e moitas historias que ler. Canta razón tiñas, coma sempre, Agustín!  A Vida demostrouno ben fondamente esta mañá.

Desde o CPI As Revoltas queremos contribuír á homenaxe póstuma do autor agradecéndolle inmensamente todas as leccións que nos deu e todos os bos momentos que compartimos xuntos cunha das súas historias de por medio. 

Ficamos pendentes dunha conversa con el no Club de Lectura que xa nunca poderá ser máis que no fío invisible que tezamos en cada nova (re)lectura que fagamos da súa extensa obra. Esa que non morre e nos acompañará sempre para facernos lembrar dunha das persoas máis importantes que coñecemos.

Grazas por todo, Mestre!

  • Máis información:
  1. http://blog.xerais.gal/destacados/faleceu-agustin-fernandez-paz/
  2. http://www.crtvg.es/informativos/falece-o-escritor-agustin-fernandez-paz
  3. http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/fallece-escritor-agustin-fernandez-paz/idEdicion-2016-07-12/idNoticia-1007633/
  4. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/07/12/fallece-escritor-lucense-agustin-fernandez-paz/00031468316358717380363.htm
  5. http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-agust-n-fern-ndez-paz-autor-m-is-querido-das-letras-galegas/20160706181627049244.HTML

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s