Daily Archives: Outubro 12, 2016

O Samaín xa está de volta nas Revoltas

Estándar

Este mes de outubro ao CPI As Revoltas chegan ducias de samain-cabaza-mozapantasmas, cabazas terroríficas, bruxas maléficas ou monstros arrepiantes que se agachan en calquera curruncho da nosa biblioteca, nas aulas ou polos corredores. Con este ambiente has de ter creatividade abonda para redactares relatos de terror, decorares a porta da túa aula, debuxares bandas deseñadas aterradoras ou convertéreste en guionista da curtametraxe máis intrigante para tremer de medo. No enlace que podes ver na parte de abaixo desta entrada, podes ver as bases dos concursos que convoca o EDLG. Participa e terás premios aterradores!!

Pdi Samaín titorías.2016. CPI As Revoltas de BibliotecaRevoltas
Advertisements