Mulleres bravas da nosa historia, un novo proxecto editorial para homenaxear mulleres escritoras.

Estándar

mullers-bravas

Deixámosvos aquí información interesante sobre unha iniciativa editorial que precisa da vosa axuda se estimades que é do voso agrado.

Mulleres bravas da nosa historia será unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.

Publicaranse a ritmo trimestral, e os dous primeiros títulos, que sairán xuntos, estarán dedicados a Rosalía de Castro e a María Victoria Moreno, exemplos senlleiros das nosas letras.

Alén de contar as biografías das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas cativas e cativos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de seren mulleres.

Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez…

O proxecto está coordinado pola traballadora de Urco Andrea Jamardo Seijo e conta cun comité de asesoras formado por Patricia Porto Paderne (educadora social e libreira experta en xénero) e Mariám Mariño (Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega). Asemade, a revisión lingüística dos textos correrá a cargo de Raquel Vila Amado (traballadora do ILG e correctora profesional).

O proxecto Mulleres Bravas da nosa historia é moi ambicioso desde o comezo, e precisa dun pequeno empurrón inicial. Coas nosas achegas aseguran unha serie de vendas de partida que os axudarán a cubrir parte dos custos da tiraxe e a pagar dignamente as persoas que traballan no proxecto.

Se queredes saber como podedes contribuír economicamente con este proxecto podedes seguir lendo o seguinte enlace onde volo explican polo miúdo:http://www.verkami.com/projects/15892-mulleres-bravas-da-nosa-historia.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s