Daily Archives: Outubro 25, 2016

Libros infantís do Samaín nos corredores d@s pequerrech@s.

Estándar

Onda esta árbore do Outono con castañas de cores e follas marróns caendo ao chan, os mestres de Infantil expuxeron nos corredores das aulas dos máis pequerrechos unha selección de libros que dan algo de medo nos que habitan monstros, bruxas e pantasmas que nos acompañan neste mes do Samaín.

exposamain-ei

Advertisements

Horror no vestíbulo da entrada!!!

Estándar

Espíritos e seres fantasmagóricos non deixan de aparecer polas Revoltas: arañas noxentas que despeitean a nosa Mafalda, caveiras endiañadas a gabear pola Torre de Hércules, morcegos axexantes desde o teito, un esquelete sentado no váter alumeando aterradoramente os ollos e cunha risa maléfica que nos fai berrar asustados e unha bruxa malvada que nos espreita desde as alturas.

This slideshow requires JavaScript.