Monthly Archives: Outubro 2016

Guía de recomendacións para o Samaín 2016

Estándar

celebra-o-samain

Aquí vos achegamos a nosa guía de recomendacións de lecturas de terror, filmes arrepiantes e cancións para cantardes no Samaín cos máis pequenos.

 

 

 

 

 

Advertisements

Texto de Ledicia Costas no Día da Biblioteca

Estándar

DesdeLedicia Costas Galix:
“Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bibliotecarios/as.
Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.
Celebra con nós o Día da Biblioteca!
Velaquí o texto de Ledicia Costas na súa versión galega.

Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca.
Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos.
Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:
—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?
Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!”

Curruncho do Mestre Agustín Fernández Paz. Ven fotografarte coas súas obras!!

Estándar

Desde este Día das Bibliotecas e durante boa parte do trimestre tres das nosas voluntarias de biblioteca, Ana Nantón, Nerea e Leticia, de 3º da ESO, estarán á vosa disposición nos recreos da biblioteca para vos facer unha fotografía coa obra de Fernández Paz que vos elixades. O noso taboleiro está aínda baleiro agardando polas vosas dedicatorias ao noso grande escritor e facerlle deste xeito a nosa humilde homenaxe a quen nos agasallou con tantas historias e nos seguirá acompañando por moitos anos máis nun lugar destacado da nosa memoria e dos andeis das nosas bibliotecas.

Previndo a violencia de xénero: Suprime o control.

Estándar

 

contra-a-violencia-de-xenero

 

O pasado venres o alumndo de 3º e 4º ESO puido asistir na biblioteca a un obradoiro no que se traballou o tema da violencia de xénero e no que se lles daban pautas útiles para tratar de previla e erradicala das súas vidas. O obradoiro intégrase dentro do programa desenvolvido pola Deputación da Coruña e nel participarán milleiros de escolares de toda a provincia para seguir concienciando a rapazada da importancia do seu compromiso con esta enorme lacra social.

This slideshow requires JavaScript.

Postcrossing nas Revoltas: postais a esgalla!!

Estándar

 

A profesora de idiomas Diana Pastoriza regresou o pasado martes a Cabana, concello no que deu os seus primeiros pasos profesionais, para impartir no CPI As Revoltas un curso de postcrossing. Ensinou á rapazada a preparar as postais que poderán enviar a persoas doutros lugares do mundo para tecer lazos de amizade. A actividade enmárcase nos preparativos do segundo Encontro de Postcrossing en Galicia que se celebrará en Cabana o vindeiro 29 de outubro.

O alumnado escribiu postais para un centro de Dubai e as respostas destoutro alumnado saudí están xa camiño das revoltas. Podedes ver máis información sobre esta nova nesta ligazón de La Voz de Galicia.

Nestoutra entrada da bitácora Palabras da man ao corazón podedes ler máis información sobre o e Encontro de Postcrossing.

Aquí tedes unhas fotos da xornada e mais as primeiras postais que van chegando ao noso centro.

Día Internacional das Bibliotecas

Estándar

biblioteca

Hoxe é o Día Internacional da Biblioteca.
Dicía Borges que “imaxinaba o Paraíso coma unha especie de biblioteca”.
Quen non le vive unha vida, como lectores vivimos moitas vidas antes de morrer.
Esta foto tomada pola axencia Fox Photos amosa lectores na biblioteca Holland House, en Kensington, destruída despois dun bombardeo na II Guerra Mundial e restaurada nos anos 50, aproximadamente 12 anos despois desta imaxe.

Resultado de imaxes para día mundial das bibliotecas