Monthly Archives: Novembro 2016

Vídeo “Rompendo cos estereotipos” (25 de novembro) e Lecturas pola Igualdade.

Estándar

Hoxe 25 de novembro o CPI As Revoltas xuntouse para romper os estereotipos de xénero dun xeito moi especial.

 

Neste día cremos necesario romper cos estereotipos, cuestionar os roles establecidos desde hai moitos séculos respecto das profesións tipicamente asociadas a un xénero ou outro, repensar as cores coas que nos vestiron desde crianzas, cuestionar os xoguetes que nos puxeron nas mans desde bebés e tamén reflexionar sobre as lecturas que se consideran de nenas ou de nenos. As nosas alumnas do 4º de Letras asistiron ás aulas de Infantil para lerlles pola igualdade e unha protagonista moi especial foi Iriña bailarina, unha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado. Como nos cómpre a todas as mulleres tomar as rendas do noso destino e que o 25 N vaia máis aló dun único día.

Advertisements

Exposición 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero.

Estándar

No corredor expuxemos esta selección de cartaces e libros para traballar igualdade e a loita contra a violencia de xénero que poderedes visitar até final do ano 2016, porque  esta non é unha loita dun só día de novembro.

This slideshow requires JavaScript.

O alumnado de 2º da ESO participou na visita e escolla do mellor cartaz e lema sobre o tema e así os vimos de concienciados:

This slideshow requires JavaScript.

Vídeo contra a violencia de xénero na área de Valores Sociais e Cívicos e debuxos na titoría de 4º de Primaria.

Estándar

Este é o video elaborado polo alumnado de Infantil e  Primaria coa súa mestra Lucía Iglesias Porteiro na área de Valores Sociais e Cívicos para condenar a violencia de xénero neste 25 de novembro.

O alumnado de 4º de Primaria deseñou estes debuxos para conmemorar esta data e refelxionar sobre a necesidade da igualdade entre mulleres e homes, entre nenas e nenos.

A BiblioRevoltas nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Estándar

Este pasado venres e sábado a coordinadora da biblioteca, Ana Martínez e mais a directora, Ana Fuentes, participaron nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que se desenvolveron en Santiago de Compostela e onde se reuniron máis de 1000 docentes e colaboradores das bibliotecas escolares de Galicia.

Ademais de asistir ás conferencias xerais e ás simultáneas, a nosa biblioteca foi seleccionada para participar nunha sección titulada A fume de carozo, onde a coordinadora expuxo o traballo realizado desde a biblioteca o curso pasado 2015-2016. Podedes ver aquí algunhas das fotos das xornadas.

This slideshow requires JavaScript.