Daily Archives: Novembro 3, 2016

Guía de lectura de Ciencia en Galego

Estándar

Co motivo do Día da Ciencia en Galego 2016 este 4 de novembro desde a Biblioteca e o EDLG das Revoltas ofrecémosvos esta breve guía con lecturas en galego sobre ciencia que agardamos que vos sexa útil para lerdes, explicardes, estudardes e gozardes da ciencia na nosa lingua.

Advertisements

Exposición sobre o percebe e o mexillón no Día da Ciencia en Galego 2016

Estándar

No corredor da ESO, onda o Laboratorio de Ciencias podedes ver esta exposición sobre a estrutura do percebe e do mexillón tan abundante na nosa ría a carón do noso centro e onde podedes aprender entre outras cousas o modo de reprodución destes animais.

This slideshow requires JavaScript.

Presentación sobre os legumes no Día da Ciencia en Galego 2016

Estándar

Nas aulas de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO no CPI As Revoltas o alumnado, baixo a coordinación da profesora Ana Martínez, elaborou esta presentación sobre os legumes para conmemorar o Ano Internacional dos Legumes que a ONU decidiu para o ano 2016 e co gallo de reivindicar o 4 de Novembro como o Día da Ciencia en Galego.

O Samaín de Infantil

Estándar

infantil-samain

Nesta entrada do blog @s Revoltiñ@s de Educación Infantil das Revoltas podedes ver canto traballaron coas mestras Mari Carmen e Rebeca e co mestre Ramón para ambientar as súas aulas e corredores neste Samaín terrorífico cunhas portas ben bonitas, caixas arrepiantes e cabazas monstruosas.

E nconto-infantilesta outra podedes ler o conto de medo que inventaron alumnado e mestra de Infantil 5 anos. Están infantil samain2.jpgfeitos uns grandes escritor@s!!