Daily Archives: Novembro 5, 2016

Letras das cancións de Bob Dylan traducidas ao galego polo alumnado de 4º ESO

Estándar

dylanO alumnado de 4º ESO co motivo da concesión do Premio Nobel de Literatura a Bob Dylan realizou a tradución á nosa lingua dalgunhas das letras das cancións do músico. Podedes lelas e ver os videos neste libro calameo.

Advertisements

Premios do Samaín de EI e Primaria entregados no Magosto.

Estándar

Onte a rapazada de Primaria puido gozar do seu magosto onde degustaron castañas e un saboroso chocolate quente. Xogaron aos xogos tradicionais, cantaron un rap do magosto e os premiados nos concursos do Samaín recibiron os seus premios.

O alumnado premiado é o seguinte:

Gañadora do concurso de banda deseñada monstruosa: Antía Lema Blanco de 3º de Primaria.

Gañadores do concurso de relatos de terror:

No 2º ciclo, o conto colectivo da clase de 4º A

No 3º ciclo, Noé Souto Pose de 6º de Primaria

No concurso de sustos monstruosos:

En EI. 3 anos, Hugo González Amado

En EI, 4 anos, Sofía Caridad Couto

En EI, 5 anos, Idania Águeda Lema

En 1º de Primaria, Adrián Macías Lema

En 2 de Primaria, Adrián Muñoz Blanco

Os gañadores da decoración das portas foron conxuntamente as aulas de 4º de Primaria e deuse un accéstit ás aulas de Infantil.

PARABÉNS A TOD@S!!!

This slideshow requires JavaScript.

Ademais presentaron este animado rap do Magosto que elaboran nas aulas de Música coa mestra Loli. Mirade que rapeir@s máis xeitos@s temos nas Revoltas!!