Relato de terror gañador do 1º ciclo da ESO: A casa do Señor Frederick de Sarai Pose de 2º da ESO

Estándar

Todo comeza un 20 de novembro, cando o señor Frederick faleceu por causas moi estrañas. Xa facía uns días que Ramón, un neno de once anos veciño do señor Frederick, notara cousas raras no seu comportamento e escoitara verros de mulleres dentro da casa, cousa que lle estrañara pois Frederick vivía xa había moitos anos el só.

A mesma noite na que o señor Frederick recibiu sepultura, mentres Ramón observaba pola ventá da súa habitación a grandeza da lúa chea, decatouse de que algo se movía no interior da casa do seu veciño, abriu a ventá e escoitou como alguén cunha voz ronca dicía o seu nome. Ramón non podía crer o que estaba a suceder e co medo meteuse rapidamente debaixo das mantas. Esa noite Ramón case non foi capaz de durmir co medo que pasara e intentaba convencerse de que seguramente todo aquilo que pasara pola noite fora froito da súa imaxinación.

Despois de un longo día pensando no que lle ocorrera aquela noite , chegou a hora de que Ramón volvera para cama. Como cada noite asomouse a ventá para contemplar o ceo e as estrelas, pero esta vez fíxoo con medo, aínda que tamén tiña curiosidade por saber se volvería a ocorrer o mesmo que a noite pasada. Entón achegouse a ventá, abriuna e aquela voz rouca volveu a pronunciar o seu nome. Ramón con pánico pechou a ventá e nese mesmo momento os cristais quedaron totalmente embazados e comezouse a ler neles unha mensaxe que poñía: “ Ramón preciso axuda, senón ma prestas comezará a correr sangue pola túa casa”. O rapaz preso do pánico caeu no chan desmaiado e cando recordou xa era pola mañá cedo.

Ramón non sabía que facer, pensaba que si lle contaba a alguén o que lle sucedera aquelas noites pensarían que estaba completamente tolo e non o crerían. Ese mesmo día pasarao pensando en que significaba aquel mensaxe que lle deixaran nos cristais e tiña medo de que algo malo ocorrese na súa casa, polo que decidiu ser valente e pola noite ir á casa do señor Frederick.

Todo estaba completamente a escuras e escoitábase o vento asubiar nas ventás. Ramón abriu a porta con medo, deu un paso e a porta cerrouse con forza, nese momento o seu corpo comezou a tremer e preso do pánico quixo saír correndo pero a porta estaba pechada e era incapaz de abrila. De súpeto a rouca voz volveu a berrar o seu nome e escoitouse resoar en toda a casa. O rapaz sen poder berrar nin dicir palabra, viu como unha sombra se acercaba lentamente a el. Comezou a correr pola casa pero cada vez que quería entrar nunha habitación as portas cerrábanse e cando xa non tiña máis escapatoria notou un aire frío e húmido detrás da súa caluga. Polo seu corpo corría un suor frío cando notou que unhas mans se pousaban nos seus ombros. Ramón deuse a volta e atopouse cunha rapaza nova levitando ante el. O espírito da rapaza vestía un camisón negro e polos seus ollos corrían bágoas de sangue. Ramón non daba crédito do que estaba ante os seus ollos cando de repente o espírito coas súas bágoas de sangue comezou a escribirlle unha mensaxe nos cristais da ventá situada ao carón deles. Nos cristais podíase ler: “ preciso a túa axuda, o meu pai Frederick soterroume viva e preciso atoparme con el”.

Ramón ante o que estaba a ocorrer comezou a dicirlle que aquilo non podía ser, que o señor Frederick sempre vivira só e que lle estaba a contar unha mentira, entón o espírito volveulle a escribir outro mensaxe que dicía: “ ségueme e poderás descubrir a verdade”. O espírito achegouse a unha porta que se abriu lentamente e comezou a baixar por unhas escaleiras cheas de po e medio rompidas. O rapaz seguiuno ata que chegaron a un soto baleiro, frío e cheo de humidade. Xusto nunha esquina podíase ver un féretro cheo de flores podres e rodeado de todo tipo de vermes. Enriba da caixa había unha carta. O rapaz acercouse para collela e ler o que había nela escrita pero antes o espírito abriu a caixa, dentro dela atópase un cadáver en estado de descomposición cun camisón negro e sangue nos seus ollos. Ramón ao ver aquilo apartouse de súpeto pero non quixo escapar porque quería saber que contiña aquela carta, abriuna e nela podíase ler:

Non descansarei tranquila ata que consiga falar co meu pai, pídoche que me leves a onde el está enterrado para que me de explicacións da miña morte”.

O rapaz cerrou a caixa e viu como o espírito se meteu dentro do corpo e como puido conseguiu subir o féretro a unha antiga carreta que o señor Frederick gardaba nese mesmo soto, e dirixiuse ao cemiterio onde estaba enterrado o seu veciño. Unha vez alí, baixou o ataúde da carreta e abriuno. Ramón non podía crer o que alí estaba pasando, viu como o espírito do señor Frederick saía do nicho onde estaba enterrado e como o espírito da rapaza morta saía do corpo metido no ataúde. De repente o cemiterio cubriuse dunha néboa espesa, pero isto só durou uns minutos, cando a néboa se disipou Ramón estaba só.

Asombrado por todo o que lle acontecera o rapaz volveu a súa casa sen saber a verdadeira historia daquela rapaza de camisón negro e bágoas de sangue. Ramón nunca máis volveu a ser a persoa que era e acabou internado nun psiquiátrico pois ao contarlle isto a súa familia todo o mundo o deu por tolo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s