Relato de terror gañador do 2º ciclo da ESO: Severus de Uxía Pérez García de 4º da ESO.

Estándar

Aínda recordo o día no que o vin.As súas ás negras destacaban entre o silveiral que había fóra.Os seus ollos, maila as frías condicións nas que nos atopabamos, semellaban arder, xa que a cor negra destes albergaba no seu interior un facho amarelo que resplandecía como nunca antes vira en ningún animal.Estaba este emitindo o seu cántico ( se é que a ese desagradable son se lle pode chamar cántico, porque para min semellaba unha tortura, un son provido dunha dor terrible, unha aberración) cando eu me fixei nel. Teño que recoñecer que nunca me gustaron as aves ( sempre as considerei un animais carecentes do máis mínimo sentido común e, ademais, moi irritantes), mais o corvo que había no silveiral produciu en min unha estraña simpatía,que aínda agora son incapaz de xustificar. Cando o describín anteriormente expliquei ao lector o estraño brillo dos ollos deste. Tras miralo con máis atención, decateime de que non só os ollos tiñan ese resplandor tan particular.Ese corvo,negro como o carbón (como o son todos os corvos), posuía na cola unha pluma vermella coma o sangue . Decatarase o lector nestes momentos de que esa pluma da que eu falo podería non ser súa propia, simplemente estra enganchada á cola por mor dunha liorta con outros paxaros, e que se lle caería ao máis mínimo refacho de vento. Eu compartiría esa idea se non fora porque, o corvo, que ata ese momento permanecera agarrado a unha silva, botou a voar.E nese mesmo momento( e de maneira case inexplicábel) a pluma vermella comezou a resplandecer e a adquirir tons amarelos, laranxas e escarlatas, formando unha verdadeira fogueira na cola do animal.Sorprendida, mirei ao meu arredor(decatárame de que levaba demasiado tempo mirando pola fiestra). O espectáculo que me agardaba ás miñas costas era unha mestura entre cómico, ridículo e realmente inesperado. Todas as persoas que comigo estaban nese intre estaban mirando á xanela con cara de intriga, medo e expectación. Cando lles preguntei que ocorrera respondéronme cunha soa palabra( e é que realmente só se necesitaba unha): “Corvo”. Todas as persoas que ocupaban a sala acababan de presenciar o mesmo espectáculo ca min. Porén, en vez de falar sobre o estraño suceso ocorrido había poucos segundos, estes dedicáronse a poñerlle nome ao corvo. O desgraciado animal acabou co nome de Severus, xa que a moita xente se lle semellaba a un personaxe dun libro , que ,nin coñecía ,nin me parece relevante nomealo neste intre, xa que o mellor será non marear ao lector con temas pouco importantes no argumento desta historia. Severus converteuse no único tema de conversación de toda a sala. Falaban de se podía ser un mero accidente, de que ao mellor había un pouco de lume causado por un cigarro que non se apagara e, ao entrar en contacto co animal, causara unha reacción inmediata que provocara o espectáculo que viramos e que faría que “o noso Severus” estivera xa morto nese momento. Outros, por outro lado, falaban da reencarnación do ave Fénix nun corvo e de outras conversacións de carácter ficticio que rozaban(e algunhas pasaban con creces) o absurdo.En resume, que acabouse o día e toda a vila estaba ás voltas co tema do corvo sobrenatural.Se ao principio dixen que o corvo me causara unha sensación de repentina simpatía por el, ao final do mesmo aborrecíame xa ata o mero feito de que se nomease.

Aquela mesma noite os meus soños víronse interrompidos por un horrible pesadelo.Atopábame na silveira onde vira or primeira vez a Severus. De súpeto, chegoume un cheiro que me provocou arcadas e, porén, resultábame moi familiar, das veces que me achegara a visitar o laboratorio de Bioloxía.Era olor a cadáver.Nada máis pensar isto, achegóuseme un bandada de corvos.Agora xa non só ulía a cadáver. Había, ademais un cheiro a fume. Fixen esforzos para me erguer e ver o que sucedía.Mais non era capaz de erguerme.Rapidamente os corvos baixaron do ceo e comezáronme a picar cos seus afiados bicos.Entón comprendino.Eu era o cadáver (os corvos teñen a característica de ser necrófagos).Os corvos íanme arrincando membro a membro,mentres eu contemplaba como as miñas mans, a orella, o fígado…ía desaparecendo nas fauces dos corvos.A cada membro que se desprendía do meu corpo seguíalle unha inmensa dor. E o olor a fume aumentaba…A calor ía en aumento, abafándome e facéndome encorar.Entón, vino no ceo. Alí, co seu horrible cántico estaba Severus, que alumeaba e facía caer bolas de lume.Estaba o animal sereno, dando voltas en tranquilo repouso e queimando todo o que tiña abaixo súa.De súpeto, miroume. A súa mirada xa non só resplandecía. Os ollos eran perlas brancas que queimaban só de miralos.E, non sei como, reflectían un sentimento…Un sentimento de odio e ao mesmo tempo, de anhelo .Entón sucedeu.O corvo caeu en picado e o seu bico foise cravar ao meu ollo dereito.Soltei un alarido de dor e espertei.E no momento que espertei desexei con todas as miñas forzas seguir no pesadelo.Ao meu redor todo era lume.Agora xa me podía erguer pero cada membro da miña persoa se convertera nunha peza dorida de algo xa desfigurado e queimado.Leveime a man ao ollo dereito e comprobei que só quedaba unha conca baleira e ensanguentada, o que causou en min unha angustia tremenda.Con só un ollo conseguín chegar ata a fiestra.Fóra o espectáculo era desolador.As casas ardían no máis insaciable lume que existiu nunca.Había cadáveres por toda a rúa e bandadas de corvos voaban arredor deles con anacos de carne na boca.Sorprendeume a indiferenza que mostraban os mesmos ao feito de atoparse no medio dun incendio.Voaban ao lado do lume como se non lles ferira, como se fora un simple decorado máis da miña vila. Pedín axuda (estaba a cinco metros do chan e, dado o meu estado, saír pola xanela podía ter consecuencias fatais)mais ninguén había para prestarma.Cada vez había máis cadáveres na rúa.Todos parecían estar na mesma situación ca min pois, desesperados, tirábanse un a un polas xanelas dos edificios.Esgotada, decidín que ía imitalos.Non podía facer máis nada.Ou morrer encorada ou tirarme e poder salvarme.Xusto antes de saltar decateime de que todos os cadáveres tiñan unha cousa en común:faltáballes un ollo.E arriba de todo, no ceo,apareceu de novo Severus, cheo agora de plumas vermellas e cos ollos ensanguentados.E entón decateime de que representaba o resplandor dos ollos deste.Severus desexaba a morte.Desexaba sentir como era a morte.Se collía os ollos da xente podería ver a súa morte…Non?

Aínda non sei como puiden sobrevivir.Atopábame nun hospital e había unha chea de xente mirando con desagrado o meu aspecto físico.Na miña opinión, se se chegase a poder apreciar o meu estado mental nese momento, estarían a quilómetros de min.Aínda así, a forte sedación a que fora sometida impedíame articular palabras.Pasaron dúas ou tres semanas antes de que volvera a falar. Foi entón cando un médico me explicou todo o que ocorrera.Ao parecer houbera no bosque do lado da nosa vila un incendio esa mesma noite.Ao estar todos durmindo ninguén o notificou e, como a vila estaba construída en madeira, estendeuse con facilidade arrasando toda a vila.-O curioso é- dixo el- que cando chegamos pola mañá, avisados pola vila veciña, atopámonos con un montón de corvos voando sobre os cadáveres, o que é estraño, xa que nunca se achegan aos incendios…- fixo unha pausa e continuou- Sabe?Vostede tivo moita sorte…-outra pausa aínda máis longa- segundo os forenses, moitas persoas non morreron do impacto co chan, nin polo incendio…-tragou saliva, sabía que ía dicir algo desagradable-ben…os corvos debéronos dar por mortos e arrincáronlle partes vitais…Porén cando o equipo médico te atopou…-miroume con cara seria, ía ser algo duro -só había un corvo…un corvo de plumas vermellas, aínda que debía ser polo sangue e…-volveume a mirar- levouse o seu ollo dereito.

Nestes momentos atoparase o lector tan sorprendido coma o estiven eu, xa que podía afirmar que xa carecía de ollo antes de sufrir a caída.Pregunteille entón senón había ningún cadáver coas mesmas características, ao que el, un pouco sorprendido pola pregunta, respondeu que non.Por aqueles momentos pensei que a miña imaxinación, moi turbada polos sucesos que estaban a acontecer, xogárame unha moi mala pasada.Aínda así o feito de que un corvo me quitara un ollo producía en min unha inquedanza terrible. E o peor era que, sen dúbida, podía confirmar que fora Severus.

O tempo foi pasando e coma sempre, todo foi quedando atrás.Conseguín un ollo de cristal e non presentaba problemas á hora de usar só un ollo. Fun ao psicólogo por un tempo, e conseguín quitarme parcialmente o medo e os pesadelos que mantiña sobre eses sucesos.

Porén quedou en min un sentimento de preocupación. Nalgúns momentos do día teño xurado escoitar o horrendo canto dun corvo ao lonxe. Noutros momentos , sentía ás pasando cerca da miña cabeza…

O lector, tras esta terrible historia que lle contei, preguntarase por que deixei tanto tempo esta historia no esquecemento, ou por que escollo este momento para contalo.Pois ben, nesta última semana, as miñas obsesións están crecendo.O corvo escoitase cada vez de forma máis clara e da a sensación dunha proximidade vertixinosa.Agora comprendín todo, querido lector.O corvo nunca se foi.Severus nunca se foi.Ten o meu ollo.Segue desexando a miña morte.Quere ver a miña morte.Escoita o lector iso? Ese lixeiro movemento de ás, tan delicado, tan suave, tan mortal?O canto do corvo, a canción da miña morte.Quero que o lector saiba que, se algún día aparece no xornal as penosas circunstancias da miña morte, non se alarme.Dende aquela a miña vida xa acabara.Severus nunca me abandonará (nunca). Pois, que ben dixo aquel bo poeta que escribiu:

On the morrow he will leave me, as my hopes have flown before.’
Then the bird said, `Nevermore.'(Ao día seguinte deixarame como xa antes o fixeron as miñas esperanzas.Entón o paxaro dixo XAMAIS).

FIN =)

Uxía Pérez García

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s