Daily Archives: Novembro 16, 2016

Traballando as ciencias e as mates xogando en 4º de Primaria

Estándar

O alumnado de 4º de Primaria, coa súa titora Loli, puideron gozar desta actividade motivadora para a avaliación dos contidos do segundo tema de Matemáticas referido a estimacións, sumas de varias formas diferentes, propiedades da suma e operacións combinadas. Traballaron por parellas turnándose para empregar o comecocos, un manipulábao e o outro resolvía; logo cambiaban para facer ambos os dous papeis.

Tamén estudaron as capas da terra con figuras de plastilina feitas por eles mesmos.

Gustoulles moito traballar xogando!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Saída didáctica á cidade da Coruña co alumnado de 3º e 4º da ESO.

Estándar

O 14 de novembro organizouse unha saída didáctica cultural á cidade da Coruña, realizada polo alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI As Revoltas, para visitar os de 4º da ESO o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e asistir á visita guiada de dúas exposicións: a primeira titulada “14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa”, formada por obras de distintos artistas que se presentaron á mostra;e a segunda exposición titulada “Trabajo Absoluto” do artista Juan Luis Moraza. Despois visitaron tamén o Museo da Fundación Abanca para ver a exposición titulada “Galicia Cen”, constituída por cen obxectos diversos mediante os que se trataba de contar as características da cultura galega.

This slideshow requires JavaScript.

Mentres o alumnado de 3º da ESO asistiu á Biblioteca municipal Ágora e mais ao Muncyt para unirse á hora de xantar co resto do alumnado.

O alumnado de 3º de ESO participa na visita de maneira activa. Percorre as instalacións da biblioteca Ágora da Coruña onde lle explican cal é a distribución dos libros e revistas así como as distintas maneiras de poder acceder á información nesta biblioteca.

Unha vez visitada a biblioteca da cidade da Coruña, dirixímonos a pé ao MUNCYT, onde unha guía nos agarda para mostrarnos tres salas deste museo.

Nun primeiro momento, dannos a benvida dous robots (Pepexan e Marilú), que realizan unha fantástica actuación de cantando “Singing in the rain” e explicando que cada un dos avances actuais de robótica son debidos á continuidade dos estudos científicos e tecnolóxicos ó longo da historia de humanidade.

A seguinte sala que visitamos é a sala Maiúsculas, onde nos presentaron grandes fitos tecnolóxicos como o primeiro ordenador que chegou a España ou o primeiro acelerador de partículas deseñado e construído en 1957.

Xa na sala Século XX o alumnado realiza un xogo de pistas buscando grandes avances tecnolóxicos que revolucionaron este século.

Para rematar subimos no Boeing 747 que trouxo o Guernika a España e que foi doado por Iberia.

This slideshow requires JavaScript.

Pola tarde o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou polas rúas coruñesas o Roteiro das Irmandades da Fala para celebrar o seu centenario, xusto no mesmo día en que se cumprían os 100 anos da súa fundación. Comezaron nos Cantóns no monumento de homenaxe a Curros Enríquez e percorrendo a rúa Real até a praza de María Pitaatendendo ás explicacións das profesoras de Lingua Galega, Carmen Fariña e Ana Martínez, detivéronse en lugares importantes que constituían o xermolo do fervedoiro cultural e galeguista que iniciaron as xentes das Irmandades, como a Cova Céltica, a sé da Editorial Lar , o local de redacción da revista Alfar, a sé do Conservatorio Nazonal de Arte Galega. O roteiro finalizou cunha visita ao salón de plenos da Real Academia Galega, onde lles falaron da historia desta institución e das tarefas da RAG na fixación e difusión da nosa lingua.

This slideshow requires JavaScript.