Saída didáctica á cidade da Coruña co alumnado de 3º e 4º da ESO.

Estándar

O 14 de novembro organizouse unha saída didáctica cultural á cidade da Coruña, realizada polo alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI As Revoltas, para visitar os de 4º da ESO o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e asistir á visita guiada de dúas exposicións: a primeira titulada “14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa”, formada por obras de distintos artistas que se presentaron á mostra;e a segunda exposición titulada “Trabajo Absoluto” do artista Juan Luis Moraza. Despois visitaron tamén o Museo da Fundación Abanca para ver a exposición titulada “Galicia Cen”, constituída por cen obxectos diversos mediante os que se trataba de contar as características da cultura galega.

This slideshow requires JavaScript.

Mentres o alumnado de 3º da ESO asistiu á Biblioteca municipal Ágora e mais ao Muncyt para unirse á hora de xantar co resto do alumnado.

O alumnado de 3º de ESO participa na visita de maneira activa. Percorre as instalacións da biblioteca Ágora da Coruña onde lle explican cal é a distribución dos libros e revistas así como as distintas maneiras de poder acceder á información nesta biblioteca.

Unha vez visitada a biblioteca da cidade da Coruña, dirixímonos a pé ao MUNCYT, onde unha guía nos agarda para mostrarnos tres salas deste museo.

Nun primeiro momento, dannos a benvida dous robots (Pepexan e Marilú), que realizan unha fantástica actuación de cantando “Singing in the rain” e explicando que cada un dos avances actuais de robótica son debidos á continuidade dos estudos científicos e tecnolóxicos ó longo da historia de humanidade.

A seguinte sala que visitamos é a sala Maiúsculas, onde nos presentaron grandes fitos tecnolóxicos como o primeiro ordenador que chegou a España ou o primeiro acelerador de partículas deseñado e construído en 1957.

Xa na sala Século XX o alumnado realiza un xogo de pistas buscando grandes avances tecnolóxicos que revolucionaron este século.

Para rematar subimos no Boeing 747 que trouxo o Guernika a España e que foi doado por Iberia.

This slideshow requires JavaScript.

Pola tarde o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou polas rúas coruñesas o Roteiro das Irmandades da Fala para celebrar o seu centenario, xusto no mesmo día en que se cumprían os 100 anos da súa fundación. Comezaron nos Cantóns no monumento de homenaxe a Curros Enríquez e percorrendo a rúa Real até a praza de María Pitaatendendo ás explicacións das profesoras de Lingua Galega, Carmen Fariña e Ana Martínez, detivéronse en lugares importantes que constituían o xermolo do fervedoiro cultural e galeguista que iniciaron as xentes das Irmandades, como a Cova Céltica, a sé da Editorial Lar , o local de redacción da revista Alfar, a sé do Conservatorio Nazonal de Arte Galega. O roteiro finalizou cunha visita ao salón de plenos da Real Academia Galega, onde lles falaron da historia desta institución e das tarefas da RAG na fixación e difusión da nosa lingua.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.