Monthly Archives: Decembro 2016

Bo Nadal e Feliz 2017

Estándar

O CPI As Revoltas deséxavos con estas dúas postais gañadoras do concurso convocado pola Biblioteca e o EDLG un moi feliz Nadal e que se cumpran todas as vosas ilusións no 2017.

Advertisements

Un Nadal cheo das nosas letras e dos nosos sons

Estándar

Aquí vos deixamos a nosa guía de recomendacións para agasallar literatura e música en galego este Nadal no que vos desexamos un feliz descanso, felices reencontros con familiares e amizades e moita ledicia e ilusión. Boas lecturas de Nadal!

Podedes ver nesta foto as nosas alumnas, posando xunta a nosa árbore de libros, co regalo de préstamo para unha persoa querida, para ler ou compartir música ou películas xuntos.

Resolución d@s premiad@ do concurso de postais

Estándar

O alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria participaron no Concurso de postais de nadal e @s galardonad@s foron os seguintes :

Aula de 3 e 4 anos

Aula de 5 anos

Adrián Macías Lema (1º primaria)

Yeray Fontenla Lema (2º primaria)

Antía Lema Blanco (3ª primaria)

Hanny Zhanhai Sousa Méndez (4º A primaria)

Paula Lista Loureiro (4º B primaria)

Irene Torrado Pérez (5º primaria)

Álex Costa Torrado (6º primaria)

Elena Pose Núñez (accésit 1º ESO)

Sara Rivera Bernández (2º ESO)

Uxía Santos Seoane (4º ESO)

This slideshow requires JavaScript.

This slideshow requires JavaScript.

 

 

Visita ao Castro de Borneiro para combinar a visita real coa virtual

Estándar

 O alumnado de 1º e 2º da ESO, acompañado por Moncho, Miguel, Carlos e representantes do concello visitaron  Borneiro para coñecer no propio castro a aplicación deseñada para coñecelo tamén virtualmente a través do móbil ou dunha tablet e así os vimos de atentos ás explicacións.

This slideshow requires JavaScript.

Visita ao Dolmen e obradoiro de cerámica co alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria

Estándar

This slideshow requires JavaScript.

A visita ao Dolmen de Dombate levouse cabo o día 9 de decembro de 2016. Participaron nela @s 27 alumn@s de Educación Infantil e @s 26 de 1º e 2º de Educación Primaria. acompañados polos mestres e mestras, titores de Educación Infantil, Ramón Moares Castro e Mª del Carmen Méndez García, e a nosa compañeira de prácticas, Rebeca Martínez Pazos e os titores de 1º e 2º curso de Educación Primaria, José Manuel Gil Turnes e Érica Ordóñez Pardo, a xefa de estudos e especialista de Educación Física, Paula Figueira Domínguez e Almudena García Rey (especialista de Audición e Linguaxe). A acitividade desenvolveuse de 10:00 a 13:30 horas.

Unha vez en Dombate viron un vídeo de debuxos animados sobre a Prehistoria; e participaron nun obradoiro de pintura megalítica (Educación Infantil) ou de elaboración de figuras de barro (1º e 2º de Educación Primaria); merendaron e tiveron unha visita guiada no dolmen ata que regresaron no autobús ao centro.

O proxecto do traballo da Prehistoria encádrase dentro do Proxecto Documental Integrado, que este ano se dedica ás diferentes Etapas Históricas e os máis pequerrechos traballan coas súas mestras e mestres para investigar e aprender sobre o período do Paleolítico e do Neolítico, do que temos moitas mostras no patrimonio cultural do noso concello.