Visita ao Dolmen e obradoiro de cerámica co alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria

Estándar

This slideshow requires JavaScript.

A visita ao Dolmen de Dombate levouse cabo o día 9 de decembro de 2016. Participaron nela @s 27 alumn@s de Educación Infantil e @s 26 de 1º e 2º de Educación Primaria. acompañados polos mestres e mestras, titores de Educación Infantil, Ramón Moares Castro e Mª del Carmen Méndez García, e a nosa compañeira de prácticas, Rebeca Martínez Pazos e os titores de 1º e 2º curso de Educación Primaria, José Manuel Gil Turnes e Érica Ordóñez Pardo, a xefa de estudos e especialista de Educación Física, Paula Figueira Domínguez e Almudena García Rey (especialista de Audición e Linguaxe). A acitividade desenvolveuse de 10:00 a 13:30 horas.

Unha vez en Dombate viron un vídeo de debuxos animados sobre a Prehistoria; e participaron nun obradoiro de pintura megalítica (Educación Infantil) ou de elaboración de figuras de barro (1º e 2º de Educación Primaria); merendaron e tiveron unha visita guiada no dolmen ata que regresaron no autobús ao centro.

O proxecto do traballo da Prehistoria encádrase dentro do Proxecto Documental Integrado, que este ano se dedica ás diferentes Etapas Históricas e os máis pequerrechos traballan coas súas mestras e mestres para investigar e aprender sobre o período do Paleolítico e do Neolítico, do que temos moitas mostras no patrimonio cultural do noso concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s