Monthly Archives: Decembro 2016

Recursos para xogar no Nadal nas aulas e na casa.

Estándar

apalpador

Para ir preparando as celebracións de Nadal e tinguir dun ambiente de ledicia e ilusión as aulas dos nosos pequenos que agardan polas vacacións, para gozar dos días en familia e esperar con ansia a visita do Apalpador, o Papá Noel ou os tres reis de Oriente, deixámosvos aos mestres, profes e familias recursos para cantar, contar, pintar, decorar e gozar dun Nadal cheo de sorrisos e ilusións, compilada pola Coordinadora Galega de EDLG.

Recursos para xogar e traballar no Nadal

Advertisements

Novidades nas Revoltas das que ir sacando ideas para regalar neste Nadal.

Estándar

Á espera da nosa guía de recomendacións literarias, musicais e de agasallos orixinais na nosa lingua, que en breve vos presentaremos, deixámosvos por aquí estas novidades que acaban de incorporarse aos nosos fondos bibliográficos e que podedes levar de empréstito para as vacacións deste Nadal. Hai música para todas as idades, para compartir en familia e para reflexionaro sobre a igualdade tamén nos xoguetes e na actitude na vida en xeral. Esperamos que vos gusten!!

IMG_20161211_150549.jpg

Decoración e postais de Nadal nos corredores das Revoltas!!

Estándar

O Nadal está aí ben pertiño e o noso alumnado decorou portas, aulas e corredores para encher As Revoltas das cores destas datas. Tedes aquí unha mostra das postais que coidadosamente elaboraron para felicitar estes días sinalados cos mellores desexos para a xente que queren. Axiña saberemos cales foron as postais gañadoras do concurso convocado pola Biblioteca e o EDLG.

This slideshow requires JavaScript.

Visita de 2º ESO ao Ágora, á exposición do cómic galego dos 70 na Escola Normal e á Casa das Ciencias na Coruña.

Estándar

O venres 9 de decembro o alumnado de 2º da ESO do CPI As Revoltas, acompañados polas profesoras de Física e Química e de Lingua Galega, visitaron na cidade da Coruña a Biblioteca Municipal do Ágora onde lles amosaron as instalacións e lles deron explicacións sobre as utilidades e os fondos das diferentes seccións da biblioteca. Esta visita foi organizada para complementar a formación que obteñen na materia de Alfabetización Informacional (ALFIN) que cursan en 2º da ESO por primeira vez neste centro.

This slideshow requires JavaScript.

Posteriormente acudiron á Escola Normal. Espazo de Intervención Cultural que desde o 17 de novembro e até finais de ano alberga unha exposición sobre banda deseñada galega “A mostra BDG70: a revolta do cómic galego”. Na visita guiada puideron saber máis desta exposición que pon de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixan indiferente ao visitante, que pode mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte. Podedes obter máis información sobre esta exposición nesta ligazón.

This slideshow requires JavaScript.

Nas últimas horas da mañá acudiron á Casa das Ciencias e no seu planetario asistiron á sesión Viaxa polo espazo e o tempo, aprende a mirar o ceo cos teus propios ollos, descobre os misterios de Venus…onde puideron aprender algo máis sobre o universo celeste que nos rodea. Tamén tiveron a oportunidade de xogar nos diferentes experimentos aprendendo de maneira activa sobre a ciencia. Se decidides completar pola vosa conta a visita, na páxina das Casa das Ciencias tedes información sobre horarios, tarifas e exposicións.

This slideshow requires JavaScript.

Visita ao Museo de Belas Artes e á Fundación Barrié da Coruña para coñecer a obra de Sorolla.

Estándar

O venres 9 de decembro do 2016, o alumnado de 3º da ESO do CPI As Revoltas, acompañado polo profesor de Plástica e a orientadora do centro, fixo unha excursión á cidade da Coruña, organizada polo Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, para visitar o Museo de Belas Artes, no que viron de xeito guiado, unha exposición do pintor español Joaquín Sorolla, titulada “Sorolla Íntimo. Bosquexos sobre a Serie Visión de España”, onde se mostraron 32 bosquexos que o pintor fixo para a preparación da serie Visión de España, constituída por 14 paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou para a biblioteca da Hispanic Society of America. Despois acudiron tamén a unha visita guiada polas salas de exposicións dos séculos XIX e XX, onde puideron ver varios cadros de diversos pintores galegos.

Posteriormente visitaron tamén o Museo da Fundación Barrié, que alberga unha exposición temporal titulada “Sorolla Tierra Adentro”, na que se mostraban varios cadros que o pintor fixo por distintas rexións de España, no seu intento de plasmar as distintas paisaxes e sobre todo como cambiaba a luz en cada un deles nas distintas partes de España; e posteriormente no mesmo museo asistiron a un obradoiro, no que, co apoio dunhas tablets , en grupos de catro alumnos, realizaron composicións con fotos escollidas de internet, sobre paisaxes que para eles eran máis próximas e significativas, proxectándoas e expoñéndoas aos demais compañeiros.

This slideshow requires JavaScript.

Postcrossing con alumnado de Dubai: as nosas postais xa van de camiño.

Estándar

Algunhas das voluntarias da biblioteca son as encargadas de responder ás mensaxes que nos chegan de Dubai onde alumnado de diferentes países como Tanzania, Pakistán, China ou Emiratos Árabes agarda as nosas respostas que van en forma de postal nas catro linguas que as nosas alumnas dominan: galego, castelán, francés e inglés.

This slideshow requires JavaScript.