Monthly Archives: Xaneiro 2017

GROLOS DE PAZ: Vídeo Xornada de Convivencia pola Paz de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria e o CRA Os Remuíños.

Estándar

Aquí podedes ver o video ilustrativo da xornada de convivencia pola Paz entre @s máis pequech@s das Revoltas e o CRA Os Remuíños.

Advertisements

GROLOS DE PAZ: Obradoiros da Paz en Educación Primaria

Estándar

Para a conmemoración do Día da Paz, o alumnado desde 3º a 6º de Educación Primaria participaron nun obradoiro interactivo organizado polas monitoras da Asemblea pola Paz, no que realizaron tres xogos encamiñados a facerlles comprender o importante que é saber escoitar os demais e tamén confiar e respectarnos mutuamente.

GROLOS DE PAZ: Convivencia entre o CPI As Revoltas e o CRA Os Remuíños

Estándar

A xornada de convivencia levouse a cabo o día 30 de xaneiro de 2017, no auditorio municipal. Participaron nela @s alumn@s de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria acompañados dos mestres Ramón, Mª Carmen, Lúa e Érica.

Unha vez que chegaron ao auditorio agruparon o alumnado en 8 equipos diferentes, que foron pasando por outros tantos talleres: elaboración de colgantes; resolución de conflitos; elaboración de símbolos de paz con diferentes elementos; invención de contos; papiroflexia e traballo co conto “Unha manchea de bicos”. A media mañá merendaron e tamén interpretaron a canción “No dudaría”.

GROLOS DE PAZ: O XOGO DO DESENVOLVEMENTO MUNDIAL

Estándar

Entre as actividades programadas para o Día da Paz na ESO, o alumnado de 2º e de 3º da ESO nas aulas de Lingua Galega e de Ciencias Sociais puideron asistir a un obradoiro interactivo deseñado pola Asemblea de Cooperación Pola Paz. Grazas ás explicacións das monitoras e a partir dun taboleiro que recollía en fichas os recursos de cada zona do mundo que constituía cada un dos seis grupos (Unión Europea, EEUU, Magreb, Asia, América Latina e África Subsahariana), o alumnado puido aprender de xeito interactivo como se desenvolven as relacións entre os diferentes países e bloques mundiais, analizando as transaccións comerciais e, no caso de existiren conflitos bélicos, cales son as súas consecuencias para a poboación dos seus países en materia de sanidade, educación, acceso á alimentación, seguridade, etc.

Tras desenvolver o xogo, o propio alumnado puido reflexionar sobre as consecuencias das relacións comerciais mundiais e como poden xurdir as necesidades de alianzas internacionais entre países para se protexeren ou se declararen unha guerra que agacha case sempre outros intereses económicos que en nada favorecen a poboación civil.

GROLOS DE PAZ: Mensaxes-grolos cheos de bos desexos pacifistas.

Estándar

Hoxe, 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e da Non Violencia, o noso alumnado de todas as etapas puido deixar en cada un dos vasos decorados por eles nas aulas de Plástica de  Educación Infantil e Primaria cada unha das súas mensaxes en papeis de cores cargadas de boas palabras e desexos para contribuír a unha convivencia pacífica nas súas familias, na nosa escola e na sociedade que imos construíndo groliño a groliño.

Podedes ver nesta galería como decoraron as paredes con linguas de paz o alumnado de 4º de Primaria, de 1º da ESO e de 3º da ESO PMAR nas súas aulas de Lingua, de xeito que a palabra PAZ loce nos nosos corredores en moitos idiomas do mundo para garantir que os nosos desexos de harmonía e antibelicismo cheguen a todos os currunchos do planeta.

Veredes tamén algún do alumnado participante bebendo eses grolos de paz tan dixestivos ou asisitindo á exposición de viñetas pola Paz que acompañan a exposición bibliográfica seleccionada para este día.