As Revoltas contará coa axuda da Asesoría de Bibliotecas Escolares para os seus Clubs de Lectura

Estándar

SAM_1729.JPGO Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan as contías destinadas ao funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario de titularidade da consellería. Segue aumentanto o número de centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, que poñen en marcha un club de lectura con un ou varios grupos de lectores e lectoras. Neste curso 2016/2017 recibirán axuda da consellería un total de 243 centros.

Os clubs de lectura están a ser espazos de encontro e de intercambio de experiencia lectora; lugares para aprender a convivir coas ideas e opinións dos outros e onde poder expor, nun clima de confianza as ideas propias, compartir inquedanzas, coñecemento e entusiasmo. En definitiva, lugares nos que aprender a ser cidadáns activos e críticos, persoas lectoras que tecen vínculos entre sí e cos libros e a cultura. Na foto unha das sesións de lectura intexeracionais do curso pasado no CPI As Revoltas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.