GROLOS DE PAZ: La gran fábrica de las palabras para conquistar cousas que o diñeiro non pode mercar.

Estándar

Queremos recomendarvos hoxe un libro de literatura intantil titulado La gran fábrica de las palabras e que podedes ver e escoitar neste videoconto baseado no conto homónimo de Agnes de Lestrade e ilustrado por Valeria Docampo. É un conto que narra unha historia sinxela pero moi fermosa e orixinal, cunhas ilustracións preciosas e que ademais encerra unha gran mensaxe. Un conto para deleitarse coa súa lectura e que nos fará reflexionar a todos, independientemente da nosa idade.

En si o conto é unha historia de amor entre un rapaciño e a súa veciña, pero alberga moitos máis matices. Fálanos dunha sociedade chea de desigualdades e sen as mesmas oportunidades para todos. Tamén nos fala do valor do diñeiro, de que hai cousas que este non pode comprar e da importancia de dicir as cousas desde o corazón.

Todo un canto ao amor e á maxia das palabras. Poético, tenro, emotivo,… un conto imprescindible e que fará que te namores da literatura infantil e xa non poidas desengancharte nunca máis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s