Daily Archives: Xaneiro 14, 2017

Nas Revoltas viaxaremos polas Etapas Históricas elaborando unha liña do tempo dinámica.

Estándar

linea-de-tiempo.pngO equipo de biblioteca está traballando intensamente para desenvolver co alumnado as tarefas deseñadas para levar a cabo o proxecto do PDI deste curso arredor das Etapas Históricas. Desde a Biblioteca todo o profesorado do equipo forneceremos ao resto do claustro para traballar nas titorías e desde diferentes departamentos en todas as aulas diferentes aspectos da Historia. O obxectivo inicial é poñer a pescudar o alumnado sobre a historia dos seguintes elementos da táboa seguinte, que nos permitirán viaxar no tempo en todas as etapas para elaborarmos unha liña do tempo dinámica que percorra todos os corredores das Revoltas.

A distribución dos temas para cada curso e o número de alumnado que o elaborará figuran na seguinte táboa.

Curso

Nº alumnado

Tema

Infantil 27 Monumentos
1º EP 13
2º EP 13 Personaxes históricos
3º EP 13 Deportes
4º EP A 15 Modos de escritura
4º EP B 16 Medios de transporte
5º EP 18 Casas
6º EP 14 Inventos revolucionarios
1º ESO 24 Culturas
2º ESO 21 Prendas
3º ESO 17 Esculturas
3º PMAR 5 Instrumentos musicais
4º ESO A 13 Pinturas
4º ESO B 14 Descubrimentos

Advertisements

GROLOS DE PAZ: Wangari Maathai, a Muller Árbore, Premio Nobel da Paz en 2004.

Estándar

wangari.pngEste videoconto baséase en Wangari e as árbores da Paz, tradución do conto de Jeanette Winter sobre a historia de Wangari Maathai, bióloga, activista medio-ambiental e política keniata á que lle outorgaron o Premio Nobel da Paz en 2004, convértendose na primeira muller africana en obtelo e a duodécima muller galardoada.

Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri, o 1 de abril de 1940 e finada ewangari.jpgn Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política keniana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

Se queredes coñecer algo máis sobre a súa historia a prol da loita polos dereitos civís das mulleres africanas a través do Movemento do Cinto Verde e a súa contribución á defensa dos dereitos do medio ambiente e das persoas en xeral baixo o mesmo paraugas da loita polo desenvolvemento sustentable, podedes ver este documental da RTVE, La aventura del Saber. Wangari Maathai.

E nestoutro enlace o seu discurso na entrega do premio Nobel en 2004. Na súa vida e loita inspirouse o filme documental Taking root de 2008, do que podedes ver o trailer e obter máis información nesta ligazón.

Aquí podedes ver o videoconto traducido ao galego por Ediciones Ekaré.