Daily Archives: Xaneiro 16, 2017

GROLOS DE PAZ: Heal the world, a necesidade de sanar o mundo para facer del un lugar mellor.

Estándar

heal-the-worldHeal the World (Sana o mundo) foi o sexto sinxelo do álbum Dangerous de Michael Jackson, lanzado en novembro de 1992. O sinxelo é considerado unha das mellores cancións do artista, e xunto a outras como: Cry, Earth Song e We Are the World; forman parte da gran cantidade de cancións que o artista escribiu sobre o mundo. “Heal the World” é unha mestura de Rithm & Blues, Soul e Gospel. A canción contou coa participación de tres integrantes da popular banda de rock Toto: Jeff Porcaro, David Paich e Steve Porcaro.

O mesmo Jackson dixo que a escribiu nunha árbore no seu Rancho Neverland, sendo esta peza unha das máis exitosas cancións da súa carreira. Inspirouse no nome da canción para crear o Heal the World Foundation, unha fundación de axuda benéfica para os nenos sen fogar.

A paz é a tradución brasileira da canción de Michael Jackson “Heal the World” do grupo Roupa Nova.

E estoutra é a versión orixinal Heal the World, nunha montaxe con fotografías de Michael Jackson combinadas con imaxes por veces duras que nos convidan a reflexionar na necesidade de sanarmos o noso mundo, como di a letra da canción:

Cura o mundo

faino un lugar mellor

por ti e por min e por toda a raza humana.

Advertisements

GROLOS DE PAZ: LIX pola Paz

Estándar

Neste enlace podedes atopar varios libros infantís e xuvenís cos que traballar o tema da paz nas aulas.

nadarinMais hoxe queremos recomendarvos o conto Nadarín de Leo Leonni, do que podedes ver esta adaptación ao galego, realizada polos nenos e nenas do 1º curso de Ed. Primaria do CEIP Nº1 de Tui no curso 2012-2013 e no que tamén se traballou nas Revoltas hai uns cursos.

É un conto con imaxes ben bonitas e con contidos para traballar a cooperación e a igualdade nas aulas dos máis pequerrechos.