Daily Archives: Xaneiro 18, 2017

GROLOS DE PAZ: Lesbos a illa que non flota, o drama das persoas refuxiadas

Estándar

refuxiadosA indignación ao ver o drama dos refuxiados sirios impulsou ao fotógrafo Gabriel Tizón e á súa parella, a traballadora social Rocío Botana, a coller a mochila e partir de Galicia a Austria para “ver que se podía facer”. “Chegamos alí en setembro e non dabamos crédito ao que viamos; a magnitude da traxedia”, recorda.

Tizón -que traballou para axencias nacionais e internacionais- realizou numerosas fotografías desas persoas que camiñan cara a non se sabe moi ben onde e pediulles que lle contasen a súa propia historia. “Quería darlles a eles o verdadeiro protagonismo. que é o que non fan os políticos, aos que, ademais, considero que lles desbordou a situación”.

As estremecedoras historias destas familias e as imaxes de Tizón únense no libro “Muros”, que deu lugar o ano pasado a unha exposición de máis de 60 imaxes que o fotógrafo tomou nos últimos meses en Austria, Eslovenia, Croacia, Serbia e Grecia. Este libro estivo exposto na nosa biblioteca o ano pasado grazas á doazón dunha das profesoras do claustro.

“O noso traballo non se reduciu a tomar as imaxes; iso é imposible nunha situación como esta. Implicámonos a fondo, axudando ás persoas que puidemos, levándoas no noso coche… É impresionante o seu saber estar, a súa educación… Vivían felices onde estaban; agora camiñan fóra da súa vontade e encima apalear… Eu non sei se sería capaz de comportarme como eles nunha situación así”, asegura o fotógrafo.

O fotógrafo mantén desde que comezou o problema destes refuxiados o Proxecto Muros, do que podedes ler algo máis se premedes na ligazón.

Este documental elaborado polo fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón foi empregado xa o curso pasado nas aulas de Lingua Galega e Literatura para traballarmos o tema das persoas refuxiadas que se impulsou desde a biblioteca no curso pasado neste mesmo mes de xaneiro da paz.

Advertisements