Daily Archives: Xaneiro 20, 2017

A tartaruga vermella, filme de animación que puido ver en Santiago o alumnado de Francés.

Estándar

O mércores 18 de xaneiro o alumnado de Francés de 4º da ESO, xunto coa directora, Ana Fuentes e cun grupo do IES de Baio acompañados pola profesora de Francés Lola Torrano, que tamén impartiu clase nas Revoltas hai anos, asistiron nos Cines Numax en Santiago ao visionado do filme de animación La tortuga roja do director francés Michael Dudok de Wit.

É unha historia muda sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, caranguexos e aves. A película conta as grandes etapas da vida dun ser humano e foi galardoada co premio do xurado no Festival de Cannes en 2016.

Advertisements

GROLOS DE PAZ: Lembrando a interpretación en lingua de signos “Eu teño alguén” nas Revoltas.

Estándar

O curso pasado profesorado e alumnado das Revoltas de Infantil e Primaria e do CRA Os Remuíños escolleron no Día da Paz a canción “Eu teño alguén” cunha interpretación en Lingua de Signos, como podedes lembrar vendo o video.