Daily Archives: Xaneiro 25, 2017

Concerto de Mamá Cabra no auditorio

Estándar

O martes, 24 de xaneiro, o profesorado acompañou a toda a rapazada de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI As Revoltas, xunto co alumnado do CRA dos Remuíños e mais o de Educación Infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso que asistiron no auditorio do Concello de Cabana ao concerto de Mamá Cabra. Gozaron dunha xornada de música e baile que desfrutaron moitísimo.

Se queredes seguir practicando as cancións e os bailes, temos algúns dos seus libros discos na nosa biblioteca para levardes de préstamo. Aquí podedes ver algunhas das fotos do concerto e mais as portadas das súas obras.

Advertisements

1º da ESO iníciase na banda deseñada

Estándar

Nas aulas de Lingua Galega e Literatura de 1º da ESO, a profesora Carmen Fariña traballou co seu alumnado as características da banda deseñada e froito disto elaboraron estes cómics que podedes ver nos corredores das aulas de 1º e 2º da ESO e nesta presentación.

GROLOS DE PAZ: Só tres letras, poema adaptado de Gloria Fuertes

Estándar

pazgloria.png

Con este poema de Gloria Fuertes, traducido e adaptado ao galego, están traballando a mestra de Valores Sociais e Cívicos e o seu alumnado de Educación Infantil e Primaria para aprender o verdadeiro significado destas só tres letras, que ás veces custa tanto poñer en práctica.

 

 

 

 

Só tres letras,

tres letras nada máis.

Só tres letras que para sempre aprenderás.

Só tres letras para escribir PAZ.

Para cantar PAZ.

Para facer a PAZ.

A P de pobo,

a A de amar

e a Z de zafiro e de zagal.

De zafiro por un mundo azul

e de zagal por un neno coma ti.