Daily Archives: Xaneiro 27, 2017

GROLOS DE PAZ: Lectura de Poemas pola Paz

Estándar

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá da ESO seleccionaron algúns poemas antibelicistas ou para a paz que colocaron onda a exposición de recomendacións de lecturas e filmes para a non violencia que seleccionou o equipo de biblioteca e que están colocados no corredor que leva á biblioteca e que podedes visitar durante a próxima semana.

Nesta galería de fotos podedes ver algúns dos poemas e as alumnas de 4º de Letras que se achegaron a ler en voz alta cada poema e reflexionar sobre o seu contido. Tamén puideron botarlle un ollo a todas as obras seleccionadas, que son dos fondos da nosa biblioteca e que podedes levar de préstamo cando queirades.

Advertisements

GROLOS DE PAZ: A poesía de Miro Villar contra a insolidariedade.

Estándar

miroPara reflexionarmos este mes da Paz sobre as inxustizas, tomamos emprestadas estas palabras e un poema do poeta ceense Miro Villar:

“Cómpre combatermos as incertezas futuras. Na nosa vella Europa medra de xeito alarmante a insolidariedade e a xenofobia semella non ter lindeiros, velaí poñamos por caso o drama das persoas refuxiadas. E tamén medra a espoliación dos recursos naturais do planeta que habitamos.

Pola contra van en devalo as seculares conquistas dos nosos dereitos civís, democráticos e sociais, e na nosa vella nación milenaria continúa o abandono e o despoboamento do rural e a nosa cultura e a nosa lingua sofren agresións, desleixo.

Porén cómpre termos azos para (re)construír no novo ano algo do moito que levamos perdido. Sentidiño!”

E unha fotografía de Manuel Álvarez que acompaña este poema do libro descatalogado Gameleiros (Xerais, 2002)

pescador-gameleiros

“CHE” (Jesús Adrover González)

No deserto que somos calquera pescador
é home que multiplica peixe e pan para os seus,
en completo silencio reinventa o evanxeo
segundo San Mateo. Nunca haberá cronistas
para daren noticia do cotián milagre.