Daily Archives: Xaneiro 28, 2017

GROLOS DE PAZ: O testemuño dunha supervivente a un campo de concentración nazi.

Estándar

Francine Christophe, supervivente do holocausto xudeu, para Human. Christophe participou no documental Human, nel conta como viviu no campo de concentración, onde se lles permitía levar unha pequena bolsa con dúas ou tres cousas preciadas para eles, a súa nai elixiu levar chocolates, os que gardaba para un momento de necesidade. Pero ao ver a unha muller embarazada que corría o risco de morrer no parto, non dubidaron en darlle as pequenas barras de chocolate, aínda que fose o único que tivesen. Human é un proxecto do director francés Yann Arthus-Bertrand, que viaxou por todo o mundo reunindo testemuños de 200 homes e mulleres de 60 países onde relata os seus recordos, temores, alegrías e pesadelos que viviron durante tempos difíciles. Hoxe é o Día das Vítimas do Holocausto.

Advertisements

Maleta Viaxeira Familias

Estándar

Durante un mes a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia emprestounos unha maleta viaxeira chea de libros e filmes para traballar cos cativos, para aprender algo máis da tarefa de nais e pais, ou para compartir música e pelis en familia. Se vos interesan algúns deles achegádevos á nosa biblioteca antes do 8 de febreiro. Nesta galería de fotos podedes ver todos os títulos que temos xa expostos na biblio.