Daily Archives: Xaneiro 29, 2017

GROLOS DE PAZ: Apertas que voan polas Revoltas

Estándar

Aquí tedes a estrea do vídeo realizado pola mestra Lucía e o seu alumnado de Valores Sociais e Cívicos de Infantil e Primaria para conmemorar o Día Escolar da Paz e a non Violencia.

Mirade con que entusiasmo traballan estes artistas coloreando pombas e mans da paz, agarimándose, agasallándose coa súas apertas, bicos e amizade, e bailando a coreografía da canción “Apertas que voan” de Brinca Vai. Encheron todos os espazos das Revoltas nos que bailaron, pintaron e repartiron amor e sentimentos positivos para baleirar de violencia as paredes da nosa escola e enchela de apertas que voan. Parabéns grandes artistas!!

Advertisements

GROLOS DE PAZ: Guía de lectura pola Paz

Estándar

Aquí vos deixamos a nosa guía de lectura para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia que se celebrará con varios obradoiros e coa interpretación dunha canción pola Paz o vindeiro luns, 30 de xaneiro nas Revoltas.

Esperamos que vos interesen os libros e filmes que vos recomendamos que están case todos entre os nosos fondos da biblioteca. Hai recomendacións pacifistas para todas as idades.

GROLOS DE PAZ: Exposición de libros e filmes con recomendacións para reflexionar sobre conflitos e guerras

Estándar

Para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia o 30 de xaneiro, o equipo de biblioteca seleccionou de entre os nosos fondos títulos de banda deseñada, novelas, artigos, relatos ou filmes dirixidos aos lectores da ESO e adultos destinados a aprender sobre historias ambientadas en conflitos bélicos ou situacións de desigualdade que axuden a reflexionar sobre as consecuencias sociais e humanas das guerras e da violencia instaurada na nosa sociedade.

Acompañando a estas referencias bibliográficas expuxemos no taboleiro diferentes carteis e viñetas humorísticas centradas no tema dos conflitos bélicos e que, desde o humor ou a solidariedade cos que sofren, poderemos abordar dun xeito máis reflexivo as  múltiplas caras das guerras, dos conflitos e até do por veces polémico Nobel da Paz.

Podedes achegarvos a ver a exposición durante o día de mañá e as restantes semanas que aínda estará colocada no corredor que vos leva á biblioteca.