OBRADOIRO DA MEMORIA DOS NOSOS AVÓS

Estándar

O alumnado de 3º da ESO e 3º da ESO PMAR, para traballar dentro do Proxecto Documental Integrado das Etapas Históricas, desde as aulas de Lingua Galega e Literatura, está participando nun proxecto de investigación e recompilación de narrativa oral e testemuños da historia da contorna cabanesa. Trátase de que este alumnado investigue nas súas diferentes parroquias e, grazas ao testemuño dos seus avós e veciños máis maiores do lugar, recompilen, reelaboren ou divulguen o saber popular do que son portadores e gardas os nosos maiores.

Para desenvolver este proxecto contamos coa axuda da empresa de xestión cultural Fabaloba. O xoves un dos seus membros, Tono Formoso, acudiu ao centro, acompañado da veciña de Borneiro, Matilde Pose, que é poeta, artista e pintora e que sempre que llo pedimos moi amablemente visita as nosas aulas para facernos partícipes de todo o seu saber popular e aprendernos a historia viva da contorna e dos seus tempos de infancia.

Matilde contounos de onde lle vén o seu gusto pola poesía e pola lectura en xeral, como foi descuberta polo seu neto Eloy,  alumno de 4º ESO B, a súa afección por escribir poemas, do importante que é a escola para a formación dunha persoa, xa que contou como, con moita mágoa, tivo que deixar de acudir á escola con só 11 anos, e da importancia de avós e netos se comunicaren mimándose e para que os máis novos coñezan a historia deses tempos idos e que a narrativa oral e popular poida seguir facendo parte do noso patrimonio cultural.

Contounos unha chea de contos e lendas populares que en breve iredes coñecendo cos traballos do alumnado de 3º da ESO, coordinado polas profesoras de Lingua Galega, Carmen Fariña e Ana Martínez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s