COMUNICADO CONTRA A LOMCE

Estándar

Este xoves, 16 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO acudiron unanimente á folga de estudantes convocada para demandar a retirada da Lomce. Unha das nosas alumnas, en representación de todo o alumnado, elaborou este texto que lle publicaron en La Voz de Galicia e que aquí reproducimos.

“O alumnado de terceiro e cuarto de Secundaria do CPI As Revoltas apoia a folga convocada para este xoves 16 de febreiro, xa que non ve suficientes os cambios realizados na actual lei educativa (a LOMCE) a pesar das constantes mobilizacións na súa contra. Por isto vemos preciso protestar e esixir un cambio dende o Goberno para retirar esta lei ou modificala de xeito que a educación non sexa discriminatoria, onde só as persoas cunha determinada renda poidan estudar. Así mesmo, reivindicamos o dereito ás horas impartidas en galego, a nosa lingua materna que cada vez está perdendo máis falantes e que parece que ao actual Goberno non lle importa (e non só iso, senón que cada vez poñen menos materias nesta lingua).

Dende aquí tamén nos gustaría dicir que non é válido un ensino no que se pretende reducir os anos de estudo dos Graos facendo así que para conseguir un emprego e poder estudar o Mestrado se paguen dous anos deste, co prezo tan elevado da matrícula que é imposible de pagar para moitas familias. O 3+2 non é o futuro que o alumnado deste centro quere, non é o futuro que nós queremos. Nin as familias, nin o profesorado e moito menos o alumnado está a favor deste sistema que nos incita outra vez máis a unha vida onde os cartos son o poder, onde o ensino non está valorado como iso, senón como outro dos moitos artigos de luxo que tan só o diñeiro pode mercar.

 E no CPI As Revoltas preguntámonos: é en realidade precisa esta lei? É necesario pagar dous anos de Mestrado cando en moitos casos a suor de toda unha vida de traballo case non chega para un? En que favorece a LOMCE aos cidadáns? Porque a maioría da poboación non é rica e non pode permitirse unha educación privada. Porque non é válido un sistema educativo onde se subvencionan centros privados mentres os centros de ensino público fican sen recursos».

Iria Rivera Dourado, alumna do CPI As Revoltas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s