INTERCAMBIO COS EDLG DE ELVIÑA E DA LARACHA

Estándar

Este martes recibimos a visita de alumnado do IES de Elviña e do IES Agra de Leborís da Laracha, acompañados polas persoas que coordinan os EDLG dos centros para realizar unha actividade de intercambio lingüístico e cultural que organiza o EDLG coordinado por Carmiña Fariña.

O alumnado dos tres centros tiveron a oportunidade de interaccionar anteriormente mediante grupos de whatsapp e no día de hoxe por fin se coñeceron en persoa. A actividade comezou ás 10:00 da mañá cando o alumnado subiu ao Dolmen de Dombate no tren turísitico cedido polo Concello, para atender ás explicacións do guía Anxo Eiroa e realizar unha xincana con preguntas sobre o dolmen e a historia cabanesa.

Despois fomos camiñando ao Castro de Borneiro, onde tivemos de novo explicacións de Lito e unha pequena busca do tesouro.

Continuamos camiñando polo Rego dos Muíños ata a ribeira das Grelas e despois acudimos ao salón de actos do centro onde xantamos todos xuntos e tivemos un tempo de interacción libre.

Por último entregamos os premios ao grupo gañador da xincana e mais aos tres alumnos do centro visitante que máis interactuaron e en lingua galega co alumnado cabanés.

Foi unha xornada curta, mais intensa da que esperamos que gozarades moito.

Nesta entrada podedes ver o blog do IES de Elviña onde se recollen todas as información e fotos do Encontro

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieselvina/taxonomy/term/40

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s