Monthly Archives: Xullo 2017

BANDA DESEÑADA SOBRE A COMUNA DE PARÍS

Estándar

Este cómic sobre A Comuna de París foi elaborado pola alumna Uxía Santos Seoane coa colaboración na transcrición caligráfica de Laura García Eiroa de 4º da ESO integrada no PDI das Etapas Históricas desenvolvido este curso 2016-2017 nas Revoltase e que tantas alegrías nos deu ao descubrir tantas capacidades do noso alumnado, entre as que figura o debuxo, como podedes observar nesta impresionante banda deseñada.

VIDEO DA GRADUACIÓN 2017

Estándar

Agora que xa estamos coa cabeza en modo vacacións, deixámosvos por aquí o video de despedida que elaborastes o alumnado de 4º da ESO en TIC coa colaboración de Celia e que se expuxo na graduación. Aquí o tedes para presumir de promoción e para relembrar os mellores momentos nas nosas aulas, corredores e patios. Nas Revoltas xa botamos moitísimo de menos os vosos sorrisos e alegría inundando o centro e os nosos corazóns. Xa formades parte de nós, así que volvede visitarnos sempre. Moi bo verán, rapazada!!