DÍA DAS BIBLIOTECAS

Estándar

Para conmemorar o Día das Bibliotecas nas Revoltas organizamos a actividade “Agasalla un empréstito” de maneira que @s voluntari@s de biblioteca e todo o alumnado de Infantil e a ESO puido disponer dun agasallo de préstamo da nosa biblioteca en forma de libro, DVD ou cd de música, ben adornado con laciños de cores e dedicatoria personalizada. Toda a comunidade educativa desde o conserxe, administrativo, profesorado e persoal da cociña recibiron un agasallo das mans d@s voluntari@s ou do equipo de biblioteca. Pepiña, a nosa mascota da biblio, tivo moito traballo neste día e ata invadiu o patio da escola para mudar por un día balóns por libros. Gozade moito das lecturas ou dos filmes e da música coa que vos agasallou Pepiña.

Os nenos e nenas da aula de Educación Infantil de 3 anos foron ata a biblioteca. Alí agrupáronse por parellas. Cada membro da parella escolleu un libro para o seu compañeiro/a, púxolle un lazo e deullo á súa parella, para que o lera.

E a ligazón ao Facebook da Biblioteca coa actividade:

https://www.facebook.com/BiblioRevoltas/

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.