Monthly Archives: Decembro 2017

FELIZ E VENTUREIRO 2018

Estándar

Con esta postal gañadora do concurso de postais de Nadal nas Revoltas, elaborada por Adrián Muñoz Blanco de 3º de Educación Primaria, toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas queremos desexarvos moi feliz e ventureiro 2018.

Advertisements

CARTAS DO ALUMNADO PORTUGUÉS

Estándar

O alumnado da Escola Secundária Aurélia de Sousa da cidade portuguesa do Porto escribiu cartas para o noso grupo de 2º da ESO que xa lles mandara unas postais describindo Cabana, a nosa escola e presentándose cada un. As cartas e postais foron repartidas pola profesora de Portugués e de Lingua Galega, Ana, que participou durante un mes nun Piale de integración nesta escola.

PROCESO DE GRAVACIÓN DUN DISCO

Estándar

Este martes, o Departamento de Música de Secundaria do CPI As Revoltas organizou unha interesante actividade para amosar cal é o proceso de gravación e de edición dun disco. O profesor de Música, Javier Naya, xunto con Alfonso, un enxeñeiro de Son, interpretaron diferentes instrumentos e amosaron o funcionamento dun programa de edición da música para finalmente incluír nos discos. Foi moi entretido aprender deste xeito práctico todo o traballo que hai detrás dos discos musicais.