Monthly Archives: Febreiro 2018

MITINS ELECTORAIS: REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DE CABANA

Estándar

Nesta campaña electoral de estudantado nas Revoltas, inaugurou a quenda de mitins o Partido República Democrática de Cabana, cuxa candidata, Tania Pastoriza, deu o mitin ante o resto do alumnado.

Advertisements

A HOMENAXE A ROSALÍA DE 3º E 4º

Estándar

O alumnado de 3º e 4º de Primaria debuxou os versos de Rosalía para homenaxear a nosa poeta máis reinvindicativa e comprometida cos desfavorecidos do seu tempo e coa lingua do pobo galego e esta semana non queremos deixar de reivindicar a súa figura polo súa importancia como iniciadora das Letras Galegas e por abrir camiño a tantas outras creadoras e mulleres que desde o noso tempo a admiramos.

AS REVOLTAS NO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA

Estándar

O Diario Cultural da Radio Galega do venres 23 de febreiro incluíu no seu programa uns minutos dedicados ao vídeo elaborado pola biblioteca e o EDLG para conmemorar o Día de Rosalía o 24 de febreiro. Podedes escoitalo a partir do minuto 9:50.

http://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-23-02-2018-3656554