A nosa biblioteca alberga fondos en todos os formatos e xa que o Proxecto Documental Integrado do vindeiro curso será a Música, quixemos amosarvos boa parte dos nosos fondos musicais e lecturas sobre esta temática. Hai moitos discos, películas sobre grupos de rock, revistas sobre contidos musicais, enciclopedias de Música, libros informativos sobre diferentes estilos, instrumentos musicais e a historia desta arte ao longo do tempo. A colección dedicada á música infantil está moi actualizada, como xa puidestes desfrutar as familias de Primaria nas mochilas viaxeiras que chegaron ás vosas casas durante este curso.
Mais para enlazar co proxecto deste curso que xa remata, as Artes, que encheron de cores os corredores e diferentes espazos das Revoltas, fomos combinando libros e discos neses murais vangardistas tan luminosos e entre todas as creacións que a rapazada foi deseñando cos seus mestres.
Estas son as nosas recomendacións de lectura e música para o verán. E como unha mostra visual ten máis dinamismo ca en papel, desta volta a nosa guía será visual e musical a un tempo. Desexámosvos un moi feliz verán e que vos acompañedes de moita arte e de moi boas músicas e bailes!!
https://gopro.com/v/JP8pyW424kdR
https://gopro.com/v/8QB1VMEGZ31Q