POESÍA GALEGA MUSICADA

Estándar

Estas Letras Galegas 2019 están dedicadas ao autor Antón Fraguas quen, entre moitos outros labores, tivo o de recompilar letras de coplas e cantigas populares como bo estudoso da nosa etnografía.

Para conmemorar esta xornada das nosas Letras este curso en que nas Revoltas traballamos a música, desde a Biblioteca e o EDLG compilamos esta selección de poemas de autor/a musicados.

Hai unha ampla selección de poemas desde a Idade Media até poetas actuais que foron musicados en moitos estilos desde a música de cámara, o folk, o rap, hip hop, jazz, rock ou música pop ou electrónica. Hai de todo e para todos os gustos.

Sabemos que esta é unha pequena selección que quere homenaxear tamén o grande traballo feito polo profesor de Lingua, Xoán Díaz, no EDLG do IES David Buxán na súa Antoloxía da Poesía Galega Musicada, Son de Poetas, e que tan útil é para as nosas aulas de literatura galega.

Mais somos conscientes de que aínda está por rematar, que se nos escapan moitas versións, mais seguro que coa vosa axuda e suxestións, podemos acrecentar esta listaxe da nosa poesía ao son da música.

Feliz Día das Letras Galegas!!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.