lovealfinInauguramos esta nova páxina dentro do blogue da Biblioteca para destacar toda a información e os proxectos que vaiamos deseñando na materia de ALFIN en 2º da ESO e co resto do alumnado e o claustro do noso centro.

Para comezarmos a entender que é iso do ALFIN: alfabetización informacional, deixámosvos aquí este breve vídeo onde explica en que consiste e cales son os seus obxectivos.


Aprender a buscar na internet con rigor e fiabilidade.

Compartimos nesta páxina do blog dedicada a ALFIN unha presentación que elaboraron no CEIP Reibón de Moaña e que pensamos que é moi útil non só para o noso alumnado desta materia en 2º da ESO, senón para todo o alumnado e as familias en xeral que estean interesados en mellorar nas súas procuras na rede e en axudar aos seus fillos a afrontaren dun modo rigoroso e eficaz as pescudas para elaboraren os seus traballos de investigación.

O uso de internet é tan frecuente que pode parecer que o coñecemos e o dominamos, pero existen trucos que poden axudar a acadar os nosos obxectivos con menos traballo. A cantidade de información existente na rede é tal que hai que aprender a discriminar o útil do inútil, a información veraz da que non  o é. Cómpre aprender a dubidar de todo o que se publica na rede e contrastalo con fontes fiables.

Esperemos que vos sexa de moita axuda.

Advertisements