Author Archives: edlgasrevoltascabana

VÍDEO DO VERÁN DE SAN MARTIÑO

Estándar

Aquí tedes o vídeo do verán de San Martiño celebrado nas Revoltas no mes de outubro.

Advertisements

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

Para celebrar as Letras Galegas desde a Biblioteca e o EDLG convocouse un concurso de poesía para todas as etapas e os premios de Infantil e Primaria. Noraboa a todos os participantes e gañadores!

CHARLA CON LEDICIA COSTAS NO CPI CABO DA AREA

Estándar

Grazas ao convite da biblioteca do CPI Cabo da Area de Laxe, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, acompañados por Almudena e Rosalía, tivo a oportunidade de coñecer unha das súas escritoras preferidas que tantas alegrías lectoras lles dá con libros como Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter ou as aventuras de Escarlatina e a señorita Bubble. Ter a oportunidade de conversar con Ledicia Costas e que asine os seus libros preferidos para a nosa biblioteca e para as súas casas é o sentido último das tarefas dunha biblioteca escolar e do traballo d@s escritor@s. Grazas Ledicia por poñernos tan fácil que a nosa rapazada lea con gusto.

SAÍDA LITERARIA E CULTURAL A CELANOVA

Estándar

Aquí podedes ver o vídeo da saída literaria e cultural a Celanova onde alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO pasou tres días en Celanova visitando diferentes museos e monumentos coma o Mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, o Museo Aquis Querquenis en Bande; percorreron a vila de Celanova con visitas á Fundación de Curros Enríquez e visitas guiadas no mosteiro, no instituto de Celanova e na súa espectacular biblioteca. Pasearon ata Vilanova dos Infantes, onde coñeceron a grande tradición de zapateiros desa vila e visitaron tamén a súa torre medieval e o Castro de Castromao.  A xornada rematou cunha visita guiada polo centro da cidade de Ourense e final chapuzón nas termas de Outariz. Prestou o baño para compensar o frío e a chuvia que nos acompañaron, pero que non lle restaron nada de beleza ás paisaxes desas terras ourensás.