Author Archives: edlgasrevoltascabana

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Estándar

Neste mes das Letras o alumnado de 2º da ESO escolleu un conto en galego para llo ler aos pequerrechos de 2º de Primaria e aínda que non había moito sol, puideron desfrutar das lecturas dos contos no patio coas fermosas vistas da Barra e sentados na zona de xogos.

Vídeo de Madriñas e Padriños Lectores

Advertisements

CHARLA CON LEDICIA COSTAS NO CPI CABO DA AREA

Estándar

Grazas ao convite da biblioteca do CPI Cabo da Area de Laxe, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, acompañados por Almudena e Rosalía, tivo a oportunidade de coñecer unha das súas escritoras preferidas que tantas alegrías lectoras lles dá con libros como Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter ou as aventuras de Escarlatina e a señorita Bubble. Ter a oportunidade de conversar con Ledicia Costas e que asine os seus libros preferidos para a nosa biblioteca e para as súas casas é o sentido último das tarefas dunha biblioteca escolar e do traballo d@s escritor@s. Grazas Ledicia por poñernos tan fácil que a nosa rapazada lea con gusto.

SAÍDA LITERARIA E CULTURAL A CELANOVA

Estándar

Aquí podedes ver o vídeo da saída literaria e cultural a Celanova onde alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO pasou tres días en Celanova visitando diferentes museos e monumentos coma o Mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, o Museo Aquis Querquenis en Bande; percorreron a vila de Celanova con visitas á Fundación de Curros Enríquez e visitas guiadas no mosteiro, no instituto de Celanova e na súa espectacular biblioteca. Pasearon ata Vilanova dos Infantes, onde coñeceron a grande tradición de zapateiros desa vila e visitaron tamén a súa torre medieval e o Castro de Castromao.  A xornada rematou cunha visita guiada polo centro da cidade de Ourense e final chapuzón nas termas de Outariz. Prestou o baño para compensar o frío e a chuvia que nos acompañaron, pero que non lle restaron nada de beleza ás paisaxes desas terras ourensás.