Category Archives: Uncategorized

PREMIOS DAS LETRAS EN EI E EP

Estándar

Aquí vos deixamos o vídeo da entrega dos Premios das Letras en Infantil e Primaria e o nome das persoas gañadoras:

En Educación Infantil: Alba de María Olivera

1º EP: Sofía Caridad Souto, “O dente”

2º EP: Gael Antonio Casas Rellán, “A ra Castriña”

3º EP: Sofía Souto, “Cabana”

4º EP: Yeray Fontenla Lema

5º EP: Antía Lema, “A xoia da ría”

5º EP: Brais Calvo Vázquez: “Enigma no campo”

6ºA EP: Alexander Costa Costa: Poema “Galiza”

6ºB EP: Laura Sánchez Varela: “Da cidade á vila”

 

 

 

Advertisements

Os fondos da Biblioteca Revoltas na Bússola Literária de literatura em língua portuguesa

Estándar

O CPI As Revoltas aparece neste estudo da USC, xa que contamos con importantes fondos en portugués. Así que se queredes ler nesta lingua tan próxima ao galego, podedes vir consultar os fondos a BiblioRevoltas.
https://pgl.gal/uma-bussola-literaria-mapear-portugues-gal…/

INAUGURACIÓN AULA STEM

Estándar

Neste vídeo deixámosvos as imaxes e os discursos de inauguración da nosa ampliación da biblioteca cunha AULA STEM que xurdiu grazas ao traballo do alumnado de 4º da ESO na materia de Matemáticas Aplicadas, coordinados pola súa profesora Mila Diéguez e pola coordinadora da biblioteca.

Esta aula alberga desde agora os fondos de Matemáticas, Física, Bioloxía, Química, Medicina, Informática, Tecnoloxía, así como una importante colección de xogos matemáticos e material de laboratorio ou tecnoloxía.

3º de Primaria e a biblioteca

Estándar

O terceiro curso de educación primaria do CPI As Revoltas participou durante o curso académico 2018-2019 a tódalas actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística (mochila viaxeira, conto do Samaín, haikus contra a violencia de género, día das Letras Galegas, día da Paz…). Ademais, na aula tamén traballamos o Día do Libro e levouse a cabo a actividade do Lectómetro. Tamén participaron algúns alumnos en varios concursos: XIX Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís e I Concurso de debuxos e relatos curtos do Centro de Día de Cabana.