INTERPRETACIÓN DE TRIS, TRAS, TRES

Estándar

O alumnado de 3º e 4º de Primaria preparou co mestre de Música, Iván, esta canción que intrepretaron na biblioteca o día do Samaín. A canción ten letra e música de Magín Blanco.

Advertisements

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO: VIAXES CO MAPA DE FONTÁN

Estándar

Para conmemorar o VIII Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 2º da ESO elaborou un tríptico turístico sobre os 20 lugares máis atraentes para visitar en Galicia e ligar así o tema das viaxes co homenaxeado Domingo Fontán, autor da Carta xeográfica de Galicia, e relacionar tamén este día coa temática do turismo sustentábel, tal e como se designou este ano 2017.